José Barral presenta na Casa de Galicia o seu libro, “Cruzados polos camiños. Conxeturas compostelás sobre un Papa ilustrado”

A Casa de Galicia acolleu a presentación da última novela do baionés, José G. Barral Sánchez que presentou o seu libro Cruzados polos camiños. Conxeturas compostelás sobre un Papa ilustrado que é a última novela do baionés, José G. Barral Sánchez. Este é o terceiro libro do autor, que, ademais, resultou gañador no II Premio de novela Camiño de Santiago organizado pola Academia Xacobea.

O libro relata unha serie de acontecementos ao longo do Camiño Francés ao fío da visita do Papa Bieito XVI a Santiago de Compostela no ano 2010. Sen apartarse do modelo de novela de intriga, o autor reflexiona sobre o fenómeno Xacobeo, a subsistencia da relixiosidade nunha sociedade secularizada e as expectativas políticas que se crean ao redor deste tipo de eventos.

A novela non pretende ser unha referencia ortodoxa sobre o fenómeno Xacobeo, senón unha visión pouco convencional do Camiño dentro da corrente literaria histórico-relixiosa imperante fai un par de lustros. Deste xeito, o argumento traslada ao lector a lugares significados do itinerario Francés na procura de probas e pistas que axuden a despexar incertezas e ameazas na visita do pontífice.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *