O Concello de Oroso asinou un convenio de colaboración coa asociaicón británica Friends of Finchale Camino para promocionar o Camiño Inglés

 

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, asinou na localidade británica de Bishop Auckland un convenio de colaboración coa asociación Friends of Finchale Camiño, equivalente a unha asociación de amigos do Camiño de Santiago. Ábrese así unha nova etapa que vén ser continuación da que comezou hai dous anos, cando, coa recuperación por parte do Xacobeo do Camiño Inglés nos seus comezos no noroeste de Inglaterra, Oroso apostou por establecer relacións con institucións desta parte do Reino Unido. A xornada incluíu ser recibido, xunto co edil Antonio Leira, polo alcalde de Bishop Auckland, que foi convidado a coñecer Oroso.

O convenio, cunha vixencia dun ano prorrogable, comprométese a visibilizar a Oroso en todos os actos que organice a Finchale Camiño e ademais esta entidade organizará unha conferencia sobre o municipio e o seu interese xacobeo. Mirás asinou que nos próximos doce meses reforzará a promoción da zona de Bishop Auckland, incluíndoa nas actividades xacobeas do municipio.

Fonte e fotografía: ©La Voz de Galicia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *