Preséntase o proxecto de Google Arts&Culture ¡BUEN CAMINO!

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, presentou o proxecto ¡BUEN CAMINO!, de Google Arts&Culture.

Nas 4.750 fotografías e vídeos, nos 105 reportaxes visuais e nas visitas virtuais aos 13 monumentos icónicos da iniciativa late o pulso inmortal da peregrinación, incidindo en que o obxectivo é que os visitantes sintan o que sinte un peregrino.

Neste proxecto, dispoñible en 11 idiomas, Galicia dá un paso máis na dixitalización do Camiño, unha viaxe que se iniciou coa posta en marcha da plataforma Smart Camiño e que continuará coa Estratexia Galicia Dixital 2030.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *