Resolución da Adxudicación do III Premio de Investigación sobre o Camiño de Santiago e as Peregrinacións

O Xurado do III Premio de Investigación sobre o Camiño de Santiago e as Peregrinacións – 2020, que outorga a Cátedra Institucional da USC do Camiño de Santiago e as Peregrinacións, composto por Miguel Taín Guzmán, director da devandita Cátedra; Maria José Azevedo Santos, co-directora; e Daniel Carlos Lorenzo Santos, co-director, informan que pechado o prazo de entrega de solicitudes o derradeiro 9 de maio, tras dúas prórrogas sucesivas por causa da pandemia do COVID-198, presentáronse as seguintes candidaturas:

1º.- Elías J. Torres Feijó (Universidade de Santiago de Comostela): Bem-estar comunitario e visitantes a través do Caminho em Santiago. Grandes narrativas, ideias e práticas culturais na cidade.

2º.- Xerandro Pereiro (Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro UTAD): Patrimonio cultural jacobeu, turismo e peregrinaçao: O Caminho Português Interior de Santiago de Compostela (CPIS).

Os responsables da Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións arriba citados, acordan outorgar o Premio de Investigación sobre o Camiño de Santiago e as Peregrinacións da edición 2020 ao Dr. D. Elías J. Torres Feijó polo seu traballo Bem-estar comunitario e visitantes a través do Caminho em Santiago. Grandes narrativas, ideias e práticas culturais na cidade.

Fotografía: ©La Voz de Galicia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *