X Xornadas en Defensa dos Camiños Públicos

Frecha amarela

A Plataforma A Desalambrar organiza as X Xornadas en Defensa dos Camiños Públicos no Albergue de Cerro Muriano de Córdoba, promovido pola Plataforma Ibérica polos Camiños Públicos. Estas xornadas celebraranse entre o 9 e o 11 de decembro de 2016 aínda que o día 8 haberá unha xornada de adiantamento lúdico.

Nestas xornadas poderase gozar de rutas de sendeirismo, unha visita guiada pola cidade de Córdoba e de coloquios e talleres onde se falará sobre a situación dos camiños e como poder mellorala.

Este é o programa para as xornadas:

Día 7 de decembro.

  • A partir das 18 horas: Chegada dos primeiros participantes e acollida no albergue.
  • Cea libre

Día 8 de decembro.

  • Almorzo libre
  • 9 horas: Ruta de sendeirismo pola Serra de Córdoba (2 niveis distintos). Comida de pic-nic libre.
  • Cea libre.

Día 9 de decembro

  • 10 horas: Visita guiada á Cidade de Córdoba.
  • Comida libre
  • 18 horas: Comezo formal das Xornadas en Defensa dos Camiños Públicos. Centro de Educación Ambiental (Córdoba)
    • Taller sobre camiños públicos:
    • Participarán, entre outros:
      • Xavier Campillo e Bessés (Xeógrafo e Perito de camiños)
      • José María Nassarre (Asesor xurídico da Federación de Deportes de Montaña de España)
    • Que é un camiño público? Como recoñecelo
    • Que deben facer as administracións locais cos camiños públicos? Inventario, protección, recuperación
    • Que poden facer os cidadáns para defender os camiños públicos?
    • Cea no Centro de Educación Ambiental

Día 10 de decembro

  • 8 horas: Almorzo
  • 9 horas: Presentación de asistentes
  • 10 horas: Taller sobre vías pecuarias:
    • Situación das vías pecuarias en Andalucía
    • Que poden facer as administracións para defender e recuperar a vías pecuarias?
    • Que podemos facer os cidadáns para defender e recuperar as vías pecuarias?
  • 12:30 horas. Talleres paralelos:
    • Recuperación de ferrocarrís abandonados
    • Usos e situación dos montes públicos
  • 14 horas: Comida no albergue
  • 15 horas: Visita ao sitio patrimonial de Cerro Muriano
  • 16:30 horas: Presentación de asistentes
  • 17:30 horas: Accións coordinadas na defensa dos camiños públicos e vías públicas
  • 19 horas: Asemblea da PICP
  • 20 horas: Cea
  • 21 horas: Actividade lúdica no albergue

Para o día 9 pola tarde e o día 10 incluiranse actividades paralelas para acompañantes e/ou de ludoteca infantil se hai demanda.

Día 11 de decembro

  • 9 horas: Ruta de sendeirismo pola contorna de Cerro Muriano
  • 15 horas: Perol cordobés e clausura das xornadas

Para máis información podedes entrar en picp.es

Guardar

Guardar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *