A Xunta programa máis de 300 actuacións artísticas en 88 concellos Xacobeos dentro do ciclo Cultura no Camiño

A Xunta abre unha nova edición do circuíto de exhibición de espectáculos Cultura no Camiño para ofrecer 302 actuacións artísticas en 88 municipios polos que transcorren as diferentes Rutas Xacobeas. Organizada e cofinanciada xunto cos concellos participantes, a programación estenderase ata o 31 de agosto e abrangue as propostas de circo, danza, música e teatro a cargo de 150 artistas e grupos galegos.

O ciclo Cultura no Camiño supera este ano as 300 actuacións, das cales 90 corresponden a concertos que ofrecerán artistas como A Banda da Loba, Paco Nogueiras, Odaiko, Habelas Hainas, Festicultores ou Leilía, formación histórica que se está a despedir dos escenarios tras 34 anos de traxectoria. Os espectáculos de maxia, que representan 46 funcións, correrán a cargo dalgúns dos nomes máis destacados desta disciplina en Galicia como son o Mago Teto ou Mago Antón.

O novo circo, que acapara 66 citas do cartel, estará presente no cartel de Cultura no Camiño da man de formacións como son a propia Pistacatro, Isla Letriska, Circo Chosco ou Peter Punk Pallaso. Tanxarina, Ibuprofeno Teatro, Teatro Ghazafelhos ou a narradora oral Vero Rilo serán algúns dos artistas e compañías que ofrecerán os 93 espectáculos escénicas que se desenvolverán no marco deste ciclo da Xunta. O groso das citas celebraranse en agosto, mes no que están previstas máis de 150 funcións.

Cultura no Camiño 2023

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *