O programa Xacobeo Xove ponse en marcha en xullo con descontos de ata 200 € á mocidade en establecementos turísticos do Camiño

A Xunta de Galicia anunciou a posta en marcha en xullo do programa Xacobeo Xove que ofrecerá descontos de ata 200 euros como máximo á mocidade galega para cubrir gastos en aloxamento e manutención en establecementos turísticos do Camiño, co obxecto de fomentar as rutas xacobeas entre as novas xeracións.

Para iso, o Consello da Xunta de Galicia aprobou o proxecto de acordo que autoriza a subscrición do convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia, a Conselleria de Política Social e Xuventude, a Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia, a Asociación de Axencias de Viaxes de Galicia, a Asociación de Turoperadores receptivos de Galicia e a Asociación Provincial de Axencias de Viaxes de Pontevedra.

O Xacobeo Xove vai dirixido aos mozos e mozas que teñan o Carné Xove -é dicir, con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos- e serán comercializados polas axencias de viaxes minoristas e incluirán un prezo especial cun desconto de 200 euros sobre o seu custo total.

A esta campaña, que terá vixencia ata o 31 de decembro, destínanse un millón de euros, co obxectivo que chegue a uns 5.000 mozos e mozas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *