O Camiño Inglés suma un novo albergue público na cidade de Ferrol

O novo albergue público de peregrinos de Ferrol vai consolidar e impulsar o Camiño Inglés entre os peregrinos que se dirixen a Compostela.

O primeiro albergue público da cidade de Ferrol, que comezará a funcionar en xullo, está ubicado na antiga hospedería da Casa do Mar. Rueda resaltou que vai ser o albergue con maior capacidade de todo o Camiño Inglés -ao dispoñer de 60 prazas- e contará cunhas instalacións que garantan a accesibilidade e a eficiencia enerxética.

Coa apertura deste albergue, a rede pública galega contará con 76 centros de acollida aos peregrinos, dos que sete se atopan no Camiño Inglés. Rueda resaltou a importancia do Camiño de Santiago non conxunto do turismo da comunidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *