O vicepresidente da Xunta recibe aos participantes no ‘Camiño dos valores’

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, recibiron na praza do Obradorio aos participantes no Camiño dos valores, impulsado pola xuíza Reyes Martel.

O Camiño dos valores é un proxecto que ofrece a posibilidade de que menores en situación de vulnerabilidade se relacionen nesta contorna social en busca de novas referencias que lles permitan coñecer e incorporar ás súas vidas renovados principios.

O grupo, formado por máis de 200 persoas das que un centenar son menores, aloxouse na rede pública de albergues do Xacobeo, grazas ao protocolo de colaboración asinado o pasado ano entre Nava Castro e Reyes Martel, xuíz de menores de Gran Canaria e responsable de UP2U Project Depende de Ti, promotor desta iniciativa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *