XVI Leccións Xacobeas Internacionais da USC: sabios do Camiño de Santiago e a peregrinación 🗓

O Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela acollerá o próximo mes de xullo as XVI Leccións Xacobeas Internacionais, baixo o título Sabios do Camiño de Santiago e a peregrinación. Xa está aberto o prazo de inscrición para asistir a este encontro, que reunirá un ano máis en Santiago a expertos internacionais en historia das peregrinacións, que compartirán as súas investigacións sobre este fenómeno e sobre o Camiño de Santiago, en particular.

Estas xornadas, organizadas pola Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e dás Peregrinacións, enmárcase nos cursos de verán promovidos pola Universidade de Santiago de Compostela. Así, os participantes matriculados en graos nesta universidade obterán 2 créditos pola súa asistencia a este encontro. Ademais, os estudantes matriculados nun doutoramento da USC terán como recoñecemento de asistencia un cómputo total de 10 horas.

As persoas interesadas poden inscribirse online en:
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/cultura/extension/universidade-veran/leccions-xacobeas-internacionais-usc-sabios-camino-santiago-peregrinacion-16a-edicion-14462

Ou presencialmente en:
ampus de Compostela: Área de Cultura- Pazo de San Xerome (Rectorado). Praza do Obradoiro s/n.
Telf. 881811018/ 881811103
Campus de Lugo: Área de Cultura- Pazo de Montenegro. Praza da Universidade. Telf. 982821513

A taxa xeral de matrícula é de 120€.
A taxa reducida é de 70€ e é aplicable a: estudantes universitarios, de bacharelato ou e formación profesional; pensionistas; persoas desempregadas; socios/as da Asociación de Antigos Alumnos da USC; Persoal Docente e Investigador e Persoal de Administración e Servizos da USC.

Información e programa:
leccionesjacobeas@somos100x100.es

from to
Scheduled Eventos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *