A Xunta lanza un novo produto para diversificar o Camiño de Santiago no horizonte do Xacobeo 2027

A Xunta de Galicia vén de poñer en marcha un novo produto turístico que busca diversificar e promover todos os itinenarios do Camiño de Santiago co propósito de repartir a peregrinación polas diferentes rutas no horizonte do Xacobeo 2027.

O produto Os 27 lugares con encanto de 2027, unha escolma que reúne diferentes recursos e monumentos menos coñecidos, foi presentado na Feira Internacional de Turismo, Fitur.

A guía amosa eses pequenos ‘tesouros’ e lugares con encanto distibuídos polas catro provincias e os itinerarios xacobeos. Inclúense, por exemplo, A Igrexa de San Xoán (Pedrafita do Cebreiro), no Camiño Francés; A Pobra de Burón (A Fonsagrada), no Camiño Primitivo; o Santuario de Arante (Ribadeo), no Camiño do Norte; Ponte das Febres (Tui), no Camiño Portugués; San Martiño de Xubia (Narón), no Camiño Inglés ou A Ponte de Vilanova (Allariz), na Vía da Prata, entre outros moitos.

Trátase dun produto que é unha pequena mostra dos Camiños xacobeos que percorren Galicia ao longo de máis de 1.500km.

Inclúense desde igrexas, castelos, pontes, caminos medievais, dólmenes, ferrerías, illas e castros. Está dispoñible para a súa consulta na páxina web de Turismo de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *