Conmemoración dos 800 anos do inicio da construción da Igrexa de San Salvador de Vilar das Donas (12224-2024)

Con Motivo dos 800 anos do inicio da construción da Igrexa de San Salvador de Vilar das Donas, O Centro de Documentación e Interpretación da Comarca da Ulloa, en colaboración coa Parroquia de San Salvador de Vilar das Donas (Bispado de Lugo), o Instituto de Estudos Ulloans (IEU), Metátese Teatro e a Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar das Donas ”Os Lobos”, está a organizar varias actuacións conmemorativas da citada efeméride.

SELO DE CAUCHO:

Desde o un de xaneiro de 2024 na Igrexa de San Salvador de Vilar das Donas pódese selar a credencial do Camiño de Santiago con un selo conmemorativo.

CREDENCIAL DE VILAR DAS DONAS (EDICIÓN 2024):

Desde 2022 aqueles que visitan a Igrexa de San Salvador de Vilar da Donas contan cunha credencial (física ou dixital) que acredita a súa visita a un dos referentes do Camiño de Santiago en Galicia.

MÁIS INFORMACIÓN: cdiaulloa@vilardasdonas.org.es – Tlf.: 670 523 688

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *