Conferencia “As peregrinacións dos Medici de Florencia aos santuarios de Italia e de Europa”

Este mércores, día 10 de xullo, a Cátedra do Camiño de Santiago e as Peregrinacións programa, ás 19.30 horas e na súa sede no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, unha nova conferencia que correrá a cargo do Dr. Alessio Assonitis, director do The Medici Arquive Project do Archivio dei Stato de Florencia. A conferencia levará por título: As peregrinacións dos Medici de Florencia aos santuarios de Italia e de Europa.

A continuación, o profesor Miguel Taín Guzmán presentará o seu libro A medici Pilgrimage: The Devotional Journey of Cosimo III to Santiago de Compostela (1669).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *