Os Camiños cara a Compostela, Itinerario Cultural Europeo e Patrimonio Mundial: Historia, problemáticas e perspectivas

A Universidade Toulouse Capitole organiza unha conferencia científica internacional para examinar os Camiños de Santiago de Compostela e o seu dobre recoñecemento, como Primeiro Itinerario Cultural do Consello de Europa e Patrimonio Mundial da UNESCO. Os temas principais refírense á historia da peregrinación, o patrimonio dos camiños, a análise do público, as cuestións da mediación e a cobertura mediática, o turismo espiritual e o turismo slow, para ofrecer unha visión única deste ben común da Humanidade. Presentaranse 44 comunicacións de 50 investigadores de 12 países que son historiadores, xeógrafos, xuristas, teólogos, sociólogos, xestores ou especialistas en ciencias políticas e ciencias da información e a comunicación.

Datas: 4 e 5 de abril de 2024

Lugar: Hôtel-Dieu Saint-Jacques, Toulouse (Francia)

Organiza: Université Toulouse Capitole

Información e inscrición: https://www.compostelle-lecolloque.org/

PROGRAMA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *