Exposición “Iacobus gaudet. Los caminos de Santiago en Galicia” 🗓

A través desta exposición audiovisual do fotógrafo galego Manuel Valcárcel, queremos expresar a alegría dos peregrinos ao chegar á terra do apóstolo.

Esta ruta de peregrinación, considerada como Primeiro Itinerario Cultural Europeo e Patrimonio da Humanidade, segue conservando o mesmo espírito de superación que hai mil anos animaba a percorrer longas distancias ata chegar a Galicia. A rede de itinearios dos camiños de Santiago axunta Historia e tradición co gozo que supón o encontro coa natureza e as súas variadas paisaxes, co rico patrimonio cultural, coa gastronomía e coa espiritualidade.

Como se plasma a través da mirada de Manuel Valcárcel, a peregrinación é unha experiencia única, unha vivencia inesquecible nun espazo acolledor, que serve como vehículo para o encontro do individuo con sigo mesmo e con outros peregrinos. Nos camiños de Santiago en Galicia, atoparemos un pobo hospitalario, disposto a recibir ao visitante e a mostrarlle con orgullo as súas tradicións e as suas sinais de identidade vinculadas á paisaxe e a un amplo imaxinario cultural. Estas imaxes mostran unha terra que anima a ser coñecida, que ofrece unha experiencia gratificante por un percorrido singular e a través dunha peregrinación viva e intensa.

Espazo: Casino Español de México
C/ Isabel A Católica 29
Col Centro, Alcaldía Cuauhtémoc
Ciudad de México

Data: do 06 ao 25 de xuño de 2022. Inauguración o 7 de xuño ás 18:30 horas

Organiza: Axencia Turismo de Galicia. Xunta de Galicia
Colabora: Fundación Catedral de Santiago, Embaixada de España en México, Oficina Española de Turismo en México e Casino Español de México.

from to
Scheduled Eventos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *