Exposición “Os camiños de Elías Valiña”

Na promoción do Camiño de Santiago realizada coa programación do Xacobeo 21-22, en concreto co proxecto O Teu Xacobeo, integrou un documental sobre Elías Valiña, cura do Cebreiro nas décadas de 1970 e 1980, como un dos pioneiros do século XX na recuperación e valorización do Camiño e da peregrinación xacobea.

Afondando neste proxecto, a exposición itinerante Os camiños de Elías Valiña, proposta para viaxar por diversas localidades de Galicia, dalle continuidade a este documental, reforzando cunha montaxe multimedia e itinerante ideas recollidas no Plan Director do Camiño de Santiago 2022-27 relativas á promoción xacobea.

A exposición ten un carácter didáctico, multimedia, innovador e valorizador do traballo recuperador de Elias Valiña, empregando fotografías orixinais do cura do Cebreiro, e polo tanto históricas, xunto con outras que amosan a actualidade do Camiño, recuperado e posto ao servizo da peregrinación.

Entre os principais obxectivos da mostra, hai que resaltar a valorización do labor dun pioneiro, como foi Elías Valiña, e o traballo de estudo, recuperación e revalorización do Camiño por parte da Xunta de Galicia ao longo da década de 1990 e xa no século XXI.

Lugar: Igrexa de Santa María a Real do Cebreiro. Pedrafita do Cebreiro (Lugo)

Data: do 20 de xullo ao 15 de agosto 2023

Organiza: Turismo de Galicia. Xunta de Galicia

Colabora: Parroquia de Santa María a Real do Cebreiro e Arraianos Producións

Máis información: www.eliasvaliña.gal

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *