Fausto Isorna. O Camino en viñetas 🗓

Simón Martel é un personaxe do cómic galego cunha longa traxectoria, pois xa leva protagonizados sete libros. Naceu no ano 1994, no álbum A irmandade dos lectores tristes, escrito por Aníbal Malvar e debuxado por Fausto Isorna. Pouco despois uníuselles o guionista Rober Méndez, e desta colaboración xurdiron Flores dende Hiroshima, No nome da amada morta e A maldición dos Velasco, convertendo a Simón no primeiro personaxe da historieta galega cuxos libros se editaban comercialmente. Despois dunha paréntese de varios anos, Simón volveu á acción nos álbums Están vivas! (2006) e Enigma soterrado (2009), con guión e debuxos de Fausto. Camiño de Santiago. As aventuras xacobeas de Simón Martel realizouse para celebrar o Xacobeo 2021-2022. Completouse en 2024 co relato da fin da viaxe, as páxinas que narran o percorrido de Santiago a Fisterra.

Agora preséntase no Museo das Peregrinacións e de Santiago a exposición “Fausto Isorna. O Camiño en Viñetas”, do 7 de novembro de 2024 ao 17 de xaneiro de 2025, que recolle ilustracións orixinais, bosquexos, vinilos de gran formato etc., deste recoñecido debuxante.

Data: 8 de novembro de 2024-30 de marzo de 2025
Lugar: Museo das Peregrinacións e de Santiago. Santiago de Compostela
Organiza: Turismo de Galicia

from to
Scheduled Eventos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *