Que moveu o peregrino e que recollerá no camiño? En que medida o mudou o Camiño de Santiago?
As experiencias que testemuña esta exposición sono, en realidade, do redescubrimento dun fogar da alma e do corazón, dun ubi consistam que non coincide cun lugar senón coa propia paz, como ben sabía Novalis.
A obra do fotógrafo Javier Iglesias Ramos pretende “medir” coa cámara este percorrido e este descubrimento. A idea que guiou este traballo foi atopar a pegada da súa experiencia de vida nos rostros dos peregrinos. De aí o proxecto de fotografalos ao comezo do Camiño, en Roncesvalles, e logo ao final, en Santiago, para rexistrar, non tanto os seus cambios físicos, senón calquera cambio na súa expresión, case se podería dicir na súa alma: e a alma certamente translúcese nas fotografías.
Para obter un rexistro tan fino dos estados de ánimo das persoas retratadas, Javier Iglesias Ramos optou por eliminar o contexto do propio retrato. Todos os seus retratos teñen o mesmo fondo negro e unha luz similar, polo que todos os rostros fotografados aparecen nas mesmas condicións, case mostras de probeta. Fronte a famosa tríade de cousas necesarias para o tradutor literario, la testa, il testo e il contesto, na tradución fotográfica desta experiencia vital que é o Camiño, Javier optou por unha severa comparación entre dúas: a súa cabeza e o texto formado polo rostro do peregrino, negándose a ser axudado por calquera contexto.
Do resultado xulgarán os visitantes. Federica Venier
Lugar: Museo das Peregrinacións e de Santiago
Dirección: Plaza das Praterías, Santiago de Compostela
Data: 27/07/2023 – 29/10/2023
Organiza: Museo das Peregrinacións e de Santiago. Xunta de Galicia