V Ciclo de Conferencias “Onde vas, peregrino?”

O próximo día 8 de maio empeza a V Edición do ciclo de conferencias Onde vas, peregrino?, que organiza a Comisión de Cultura da Arquiconfraría Universal do Apóstolo Santiago.

A conferencia inaugural correrá a cargo de Mons. Julián Barrio Barrio, arcebispo de Santiago que falará sobre a Espiritualidade da peregrinación xacobea.

Neste ano 2018 serán quince as sesións que se celebrarán nos meses de maio, xuño, xullo e setembro.

As conferencias terán lugar os martes e xoves ás 19:00 horas no Hostal dos Reis Católicos.

MÁIS INFORMACIÓN

PROGRAMA:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *