10th International Colloquium Compostela

10th International Colloquium Compostela

O Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) acollerá a décima edición dos Coloquios Internacionais Compostela, que se celebrarán do 26 ao 28 de setembro baixo o patrocinio da Axencia Turismo de Galicia (Xunta de Galicia).

Esta edición, que se presenta baixo o título de “Relics, shrines and pilgrimages in the European historical context” (“Reliquias, santuarios e peregrinacións no contexto histórico europeo”), centrarase nas reliquias como elementos esenciais no xurdimento e evolución de santuarios de peregrinación no continente europeo dende a Idade Media á contemporaneidade. Para afondar neste tema, un total de dezaseis historiadores, arqueólogos e científicos experimentais procedentes de distintas universidades e centros de investigación reuniranse na sede do IEGPS (Antigo Hospital de San Roque, en Santiago de Compostela) durante os tres días de duración do foro académico.

Programa

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *