A exposición ‘Á luz do Calixtino. O códice de Santiago’ supera na súa primeira semana os 1.240 visitantes

A exposición ‘Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago’ que pode visitarse desde o pasado 14 de setembro na Universidade de Santiago de Compostela superou os 1.240 visitantes na súa primeira semana. A mostra, organizada por Turismo de Galicia en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, enmárcase na candidatura do Códice Calixtino para a súa inclusión no Rexistro Internacional da Memoria do Mundo da Unesco.

Ademais de varias láminas orixinais do artista Francisco Leiro, que forman parte da primeira versión completa do Calixtino en lingua galega, a exposición mostra unha serie de fotografías actuais do Camiño de Santiago, de artistas como Luís Gabú, Santy López, Manuel Valcárcel, Margen Fotografía, Eutropio Rodríguez e Silvia Steinbach, que ilustran a vixencia dunha serie de textos orixinais do Liber Sancti Iacobi.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *