A exposición itinerante ‘Via Iacobitana’ amosa en Pontevedra o Camiño desde unha perspectiva artística contemporánea

O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle a exposición itinerante “Via Iacobitana”, unha colección de fotografías sobre o Camiño de Santiago realizadas por fotógrafos galegos que se converteron en peregrinos para plasmar a súa visión particular e as sensacións que lles suxire a Ruta Xacobea.

A mostra permite contemplar a través das imaxes diversos itinerarios en diferentes épocas do ano, as súas variadas paisaxes, os romeiros, os veciños e o patrimonio cultural que atesouran dende a óptica persoal do autor, que lle imprime personalidade.

A cidade pontevedresa acollerá esta mostra ata o vindeiro 23 de outubro pudendo ser visitada de luns a sábado, en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.

+info

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *