CONferencias con SOLIDARIEDADE

conferencias-con-solidaridade

O embaixador de honra do Camiño de Santiago e ex seleccionador español de fútbol aportaranos a visión dun experto no liderado de grupos sobre o valor do traballo en común, do esforzo solidario dentro dun colectivo, para que o conxunto poida acadar as metas que se propón. Todo dende o punto de vista sosegado, de quen dende distintas responsabilidades se enfrontou a moitas situacións de tensión onde o egoísmo e o choque de intereses poñen en xaque á solidariedade.

conferencias-con-solidaridade

Vicente del Bosque, nado en Salamanca en 1950, comezou a xogar na canteira da U.D. Salamanca pero o club onde forxaría a súa carreira é o Real Madrid, no que acadou 5 Ligas e 4 Copas coma futbolista. Despois pasou a traballar de técnico na súa estrutura de categorías inferiores, ata tomar o mando do primeiro equipo no que logrou 2 Copas de Europa, 1 Copa Intercontinental, 1 Supercopa de Europa, 2 Ligas e 1 Supercopa de España. Trala súa despedida da “Casa Branca”, e tras un paso polo Besiktas de Turquía, foi nomeado seleccionador de España, onde acadou 1 Mundial e 1 Eurocopa.

Mércores 19 de outubro, ás 20,00 h. Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *