A Xunta de Galicia inaugura a exposición Tesouros Reais, que trae a Galicia obras do Museo Terra Santa de Xerusalén

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, inaugurou a exposición Tesouros Reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. Será a primeira vez que estas pezas se expoñan en España e, ademais, Galicia será o único destino nacional no que se poderá visitar.

A exposición é unha mostra internacional na que se exporá parte do tesouro artístico doTerra Sancta Museum de Xerusalén, sendo a maior parte desta colección doazóns que as casas reais católicas europeas foron facendo ao longo de 500 anos. Ademais, a exposición complétase cunha escolma de pezas do Museu Calouste Gulbenkian de Lisboa, que tamén colabora na iniciativa; e con obras doutras institucións galegas e portuguesas.

Polo tanto, os visitantes que se acheguen -desde o 22 de marzo ata o 4 de agosto- poderán coñecer importantes producións da arte europea e sacra, o que lles permitirá facer un percorrido pola historia, así como comprender mellor o impacto da cristiandade en Xerusalén.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *