Exposición “Iacobus Mundi. Peregrinación e turismo en cidades e territorios xacobeos do mundo” 🗓

Os Camiños de Santiago en Europa vertebran amplos territorios nos que durante séculos foise desenvolvendo unha cultura con bases comúns, potenciada por un itinerario de peregrinación que funcionou como espazo sagrado, canal de comunicación e ámbito fecundo de intercambio de saberes e proxectos. Un Camiño que na actualidade amosa unha vitalidade crecente, proxectando ao mundo os seus valores universais, en especial unha mensaxe de fraternidade e concordia.

A exposición Iacobus Mundi presenta unha interesante selección de cidades e territorios ligados ao culto a Santiago, aos camiños de peregrinación a Compostela, á cultura desenvolvida arredor desta ruta universal e aberta, e á creación da identidade occidental.

Espazos urbáns e paisaxes históricas que forman parte dun patrimonio cultural único, ao servizo dun feito histórico vivo, que ofrece un proxecto de paz e concordia a un mundo globalizado, pero á vez sensible ás particularidades locais.

Iacobus Mundi, en definitiva, amosa unha rica variedade de centros históricos, catedrais, igrexas de Santiago, abadías e camiños de peregrinación. Pero, sobre todo, evidencia coas súas ricas cores unha vivencia compartida, un proxecto de vida e civilización con gran proxección de futuro.

Data: do 21 de outubro ao 21 de novembro de 2022

Lugar: Hospedería de San Martiño Pinario. Praza da Inmaculada, 3. Santiago de Compostela

Organiza: Turismo de Galicia, Xunta de Galicia

from to
Scheduled Eventos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *