Exposición “DE MAR A MAR. O Camiño de Santiago en 3D” 🗓

De Mar a Mar. O Camiño de Santiago en 3D é unha mostra de fotografías en tres dimensións, con pezas espectaculares e de gran formato, realizadas coa técnica estereográfica onde se presentan imaxes do patrimonio, paisaxes e peregrinos que percorren este camiño de peregrinación.

Andalucía é o punto de partida deste Camiño a Santiago que atravesa a Península de sur a norte, percorrendo Estremadura e Castela e León, entrando en Galicia pola Mezquita; a Vía da Prata é o trazado xacobeo de maior percorrido en terras galegas, atravesando tres das súas catro provincias. O peregrino contempla un patrimonio natural e etnográfico de excepción: a enorme riqueza da provincia de Ourense, a comarca do Deza e a canle do río Ulla que se presentan ao camiñante cheos de atractivos.

O título da mostra fai referencia a unha frase recollida no libro IV do Códice Calixtino no que se narra a aparición do Apóstolo Santiago ao emperador Carlomagno onde lle pide que o seu exército combata ás xentes pagás, libere o seu camiño e visite a súa basílica e sartego profetizando…”e despois de ti irán alí peregrinando todos os pobos, de mar a mar…”.

Espazo: Sala del Episcopio
Dirección: Plaza de la Catedral, 3. Ávila

Data: do 16 de novembro ao 15 de decembro de 2021
Horario da exposición: de martes a venres de 09:00 a 21:00h. Sábados e festivos: de 19:00 a 21:00 h. Domingo: de 12:00 a 21:00 h.

Organiza: Turismo de Galicia. Xunta de Galicia
Colabora: Asociación de Amigos del Camino de Santiago de Ávila

from to
Scheduled Eventos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *